Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (354/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 354/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Enrique Barros Regueiro contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, sete de xuño de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Manuel Enrique Barros Regueiro, que comparece asistido polo letrado Juan Manuel Pérez Nieves, e doutra como demandada Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, por Fogasa comparece a letrada Eva Abajo Lera.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Enrique Barros fronte á empresa Pavimentos Compavi, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, declarando a extinción da relación laboral, na data da presente sentenza, con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende a 11.275,76 euros (once mil douscentos setenta e cinco con setenta e seis céntimos de euro).

3º. Todo iso con absolución do Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0354 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0354 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

O secretario xudicial