Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1457/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José Bello Carbajales, María del Carmen Otero Naviera, Javier Varela Pérez, Constantino Carbajales Sánchez, contra Iniciativas en Pavimentos S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1457/2009, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Autos número 1457/2009.

Na cidade da Coruña, 6 de xuño de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de José Bello Carbajales, Constantino Carbajales Sánchez, Javier Varela Pérez e María del Carmen Otero Naviera, que comparece representado polo letrado Sr. Grobas Blanco, contra a empresa Iniciativas en Pavimentos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Decido que estimando a demanda interposta por José Bello Carbajales, Constantino Carbajales Sánchez, Javier Varela Pérez e María del Carmen Otero Naviera, contra a empresa Iniciativas en Pavimentos, S.L., condénoa a que lles aboe as cantidades de tres mil oitocentos dez euros e sesenta e oito céntimos (3.810,68 €) ao Sr. Bello, tres mil setecentos corenta e seis euros e oitenta e nove céntimos (3.746,89 €) ao Sr. Carbajales, tres mil seiscentos dezasete euros e setenta e un céntimos (3.617,71 €) ao Sr. Varela e catro mil douscentos vinte euros e cincuenta e seis céntimos (4.220,56 €) á Sra. Otero, incrementadas todas co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto, poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Iniciativas en Pavimentos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial