Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1447/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber: que no proceso seguido por instancia de Juan José Cruz Sedón, Ramona Fernández Lires e Daniel Cruz Fernández contra Lanosa S.L., Pesquera Peñamea, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1447/2009, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Autos número 1447/2009.

Na cidade da Coruña, 6 de xuño de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Daniel Cruz Fernández e Juan José Cruz Sendón (actuando Ramona Fernández Lires na súa representación), que comparece representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra as empresas Pesquera Peñamea, S.L. e Lanosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Daniel Cruz Fernández e Juan José Cruz Sendón contra as empresas Pesquera Peñamea, S.L. e Lanosa, S.L., condénoas a que lle aboen a cantidade de seis mil cincocentos euros (6.500 €) ao Sr. Cruz Sendón e tres mil euros (3.000 €) ao Sr. Cruz Fernández.

Así mesmo, condeno o Fondo de Garantía Salarial de acordo coa súa responsabilidade nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Lanosa, S.L. e Pesquera Peñamea, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial