Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1466/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que por dilixencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Sandra Ordóñez Fernández contra a Asociación de Cooperativas y Autónomos para el Fomento y Desarrollo Sociolaboral, Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1466/2009, acordouse notificar sentenza á Asociación de Cooperativas y Autónomos para el Fomento y Desarrollo Sociolaboral, en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza 430/2012.

Autos número 1466/2009.

Na cidade da Coruña, 6 de xuño de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Sandra Ordóñez Fernández, que comparece representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Asociación de Cooperativas y Autónomos para el Desarrollo Sociolaboral (Afodes), que non comparece, ditou a seguinte

Decido que estimando a demanda interposta por Sandra Ordóñez Fernández contra a empresa Asociación de Cooperativas y Autónomos para el Desarrollo Sociolaboral (Afodes), condénoa a que lle aboe a cantidade de mil cincocentos sesenta e seis euros e noventa e nove céntimos (1.566,99 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación de sentenza á Asociación de Cooperativas y Autónomos para el Fomento y Desarrollo Sociolaboral, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial