Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (134/2012).

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción.

Avogado: Adrián Núñez Fernández.

Demandados: Refmod, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 134/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Refmod, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Refmod, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 323,10 €, peticionada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario, a empresa Refmod, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial