Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (572/2011).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 572/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Morandeira Suárez contra Inversiones Santos Rodríguez, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por María Morandeira Suárez contra a empresa Inversiones Santos Rodríguez, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 5.287,65 euros, máis os xuros de mora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle poida corresponder nos casos legalmente previstos.

E para que sirva de notificación en forma a Inversiones Santos Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 12 de xuño de 2012

O secretario xudicial