Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (515/2011).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 515/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Pérez Suárez contra Mazcar Lugo, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Ana Pérez Suárez contra a empresa Mazcar Lugo, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 5.048,19 euros, máis os xuros de mora.

E para que sirva de notificación en forma a Mazcar Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 12 de xuño de 2012

O secretario xudicial