Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 34 de Madrid

EDICTO (1011/2011).

Fernando Benítez Benítez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 34 de Madrid, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ignacio Arranz Menager contra Soportes Publicitarios Móviles, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1011/2011, se acordou citar a Soportes Publicitarios Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 4 de xullo de 2012, ás 10.30 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 34, sito na rúa Princesa número 3, 9º andar, 28008 Madrid. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Soportes Publicitarios Móviles, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, 12 de xuño de 2012

O secretario xudicial