Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (96/2011).

Procedemento: procedemento ordinario 96/2011.

Sobre: outras materias.

De: Reale Seguros Generales.

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz.

Contra: Anso Instalaciones del Noroeste.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Padrón, fai saber que neste órgano se seguen autos de xuízo ordinario co número 96/2011, por instancia de Reale Seguros Generales, contra Anso Instalaciones del Noroeste, nos cales se ditou sentenza con data do 21 de marzo de 2012, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Estímase integramente a demanda formulada polo procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, en representación de Reale Seguros Generales, S.A., contra a entidade Anso Instalaciones del Noroeste, S.L., en situación procesual de rebeldía, e condeno a entidade demandada a que indemnice a demandante na cantidade de 20.660 euros, máis o xuro legal do diñeiro desde a data da interpretación extraxudicial (21.12.2007) ata a desta sentenza, e percibiranse a partir desta data os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento e con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da L.O. 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 1575-0000-04-0096/11. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpor o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Anso Instalaciones del Noroeste, S.L., expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Padrón, 28 de maio de 2012

Ana María Navarro Gómez
Secretaria xudicial