Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 25999

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xuño de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), anunciada pola Orde do 3 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio), de conformidade co establecido no artigo 5 da citada orde,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto da dirección do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), anunciada pola Orde do 3 de maio de 2012, de acordo coa proposta que realizou o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tal e como establece o artigo 5 da citada orde.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo artigo 5 da dita orde, nomear director do Museo Pedagóxico de Galicia o candidato relacionado no anexo desta orde.

Terceiro. O nomeamento referido no punto anterior terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2012 inclusive.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular potestativamente un recurso de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente un recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome: Castro Fustes, Emilio.

Número de rexistro de persoal: 3261129313A0590.

Corpo: profesores de ensino secundario.

Denominación do posto: director do Museo Pedagóxico de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.