Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1128/11).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1128/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vicente Oncalada Hernández, Miguel Oncalada Hernández contra a empresa Unificación de Cartera Accionarial, S.A. Ucasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Vicente Oncalada Hernández, con DNI 11733044-P, e Miguel Oncalada Hernández, con DNI 11723729-P, contra a empresa Unificación de Cartera Accionarial, S.A. (Ucasa), debo declarar e declaro haber lugar a ela, e condeno a entidade demandada a que aboar a cada un dos demandantes a suma de 4.464,29 €, con imposición do xuro por mora do 10%, que deberá aplicarse unicamente aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. Se a empresa demandada for recorrente, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta no Banesto; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; débese acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma dos 300 euros preceptivos para recorrer, requisito sen o cal non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Unificación de Cartera Accionarial, S.A. Ucasa, en ignorado paradoiro, expido a presente para su inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

A secretaria xudicial