Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (898/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 898/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Méndez Brandón contra a empresa Promotora Carballesa, S.A., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos 898/2011.

Na Coruña, 5 de xuño de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento, por instancia de Juan Méndez Brandón, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Promotora Carballesa, S.A. (Procasa) e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza.

Que estimando a demanda interposta por Juan Méndez Brandón contra a empresa Promotora Carballesa, S.A. (Procasa), declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de xuño de 2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –s. e. ou o.– de corenta mil cincocentos cincuenta e tres euros e vinte e nove céntimos (40.553,29 €); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, na contía de cincuenta e sete euros e oitenta e tres céntimos (57,83 €) diarios; deberá pór en coñecemento do xulgado no prazo antedito, se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, condeno o Fondo de Garantía Salarial a se ater á anterior declaración, sen prexuízo da súa responsabilidade nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Promotora Carballesa, S.A., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

A secretaria xudicial