Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1109/2011).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1109/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abdón Lozano Hervás contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Que estimando a demanda interposta por Abdón Lozano Hervás, con DNI 49207355-H, contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., debo declarar e declaro que é procedente, condenando a demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 5.136,49 euros, máis o xuro por mora do 10%, que só se xerará con respecto aos conceptos salariais reclamados.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531 60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 1531 34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xuño de 2012

A secretaria xudicial