Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (574/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 574/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pampín Rama contra a empresa Vidrio Arte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, TXSS, INSS, Fogasa, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión que estimando as pretensións da demanda formulada por José Pampín Rama, con DNI 32367255-E, contra o INSS, a TXSS, a Mutua Intercomarcal, e contra a empresa Vidrio Arte Coruña, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir o subsidio de IT do 4 a 15 de marzo de 2010, ambos os dous incluídos, coa conseguinte condena da empresa ao pagamento da dita prestación na contía de 359,04 €, e deberá anticipar a mutua o dito pagamento, sen prexuízo do seu dereito a reintegrarse con cargo ao empresario, con responsabilidade subsidiaria do INSS, só para o caso de insolvencia da mutua.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vidrio Arte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

A secretaria xudicial