Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25764

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (925/2011).

A Coruña, dezaseis de marzo de dous mil doce.

Nos autos de referencia seguidos ante este tribunal, entre partes, dunha como demandante Banque Psa Finance, con procuradora Sra. Moreno Vázquez e letrado Cándido Francisco Rivera, e doutra, como demandado Óscar Vilaboy Rouco, en rebeldía, Milagritos Belso-Sempere, maxistrada xuíza de Primera Instancia número 1 da Coruña, ditou a decisión na sentenza de xuízo ordinario 925/2011, que copiado literalmente é como segue:

Sentenza.

Decido que estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Moreno Vázquez, en nome e representación de Banque Psa Finance contra Óscar Vilaboy Rouco, rebelde, debo condenar e condeno este a que lle aboe á demandante a cantidade de vinte e catro mil e oito euros con sesenta e cinco céntimos (24.008,65 €), así como os xuros pactados e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza poderá interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días seguintes á súa notificación, con suxeición ao prevido nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional 15 da LOPX na reforma introducida pola LO 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a LOPX 6/1985, do 1 de xullo, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao anunciarse ou prepararse este, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado por importe de 50 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Óscar Vilaboy Rouco, expido e asino a presente.

A Coruña, 16 de marzo de 2012

O/a secretario/a xudicial