Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25767

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1440/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de María Milagros Rodríguez González contra a empresa Colordisa, S.L., Juan José Ulloa Ramos e Silvia María Ulloa Ramos, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1440/2009, se acordou notificar a Colordisa, S.L. e a Juan José Ulloa Ramos a resolución da sentenza recaída neste procedemento:

«Decido estimando a demanda interposta por María Milagros Rodríguez González contra a empresa Colordisa, S.L., Juan José Ulloa Ramos e Silvia María Ulloa Ramos, condénoa a que lle aboe a cantidade de catro mil douscentos noventa e catro euros e corenta e un céntimos (4.294,41 euros), incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Colordisa, S.L., e a Juan José Ulloa Ramos, expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xuño de 2012

A secretaria xudicial