Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1436/2009).

Materia: ordinario.

Demandante: Ruth Bures Varela.

Demandados: Filtra Saúde, S.L., Fogasa.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de Ruth Bures Varela contra Filtra Saúde, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1436/2009, se acordou notificar a Filtra Saúde, S.L., en ignorado paradoiro, a sentenza ditada no presente procedemento, sendo o seu encabezamento e decisión os seguintes:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 417/2012.

Autos número: 1436/2011.

Na cidade da Coruña, cinco de xuño de dous mil doce.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Ruth Bures Varela, que comparece representada polo letrado Sr. Simón Sánchez, contra a empresa Filtra Saúde, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Decisión que estimando a demanda interposta por Ruth Bures Varela contra a empresa Filtra Saúde, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de catro mil cento noventa e oito euros e dous céntimos (4.198,02 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Filtra Saúde, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de xuño de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial