Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25613

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (209/2011).

Procedemento: xuízo verbal 209/2011.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: comunidade de propietarios edificio San Lázaro II.

Procuradora: Eva Borrella Daponte.

Letrado: Gumersindo Paz Rey.

Contra: Promociones San Lázaro 2005, S.L.

Elena Muruais Bao, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que neste xulgado se segue procedemento verbal número 209/2011 por instancia da comunidade de propietarios edificio San Lázaro II, representada pola procuradora Sra. Borrella Daponte, en data 24.1.2012, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Antecedentes de feito, fundamentos de dereito e

Decido que estimando a demanda presentada por instancia da comunidade de propietarios (CCPP) edificio San Lázaro II, representada pola procuradora Sra. Borrella Daponte, contra Promociones San Lázaro 2005, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a suma de 1.251,74 euros, ademais das cotas comunitarias cuxa remuneración se produza ata a completa execución da sentenza que no seu día se dite máis os xuros desde a data de interpretación xudicial e custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de apelación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, así o pronuncio, mando e asino, Carolina Nores Díaz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa».

E para que sirva de notificación en forma a Promociones San Lázaro 2005, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto.

Vilagarcía de Arousa, 24 de abril de 2012

A secretaria xudicial