Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25611

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (503/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

En Pontevedra o vinte e oito de marzo de dous mil doce.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, despois de ver estes autos de xuízo verbal número 503/2011, seguidos por instancia de José Vila Moriente, representado pola procuradora Alejandra Freire Riande e defendido polo letrado Alejandro López González, contra Julia Pereira Barral, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza

Decido que debo estimar a demanda presentada por Javier Vila Moriente, representado pola procuradora Alejandra Freire Riande, contra Julia Pereira Barral, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar a Julia Pereira Barral a pagar a Javier Vila Moriente a cantidade de 2.680 euros, co xuro do artigo 576 da LAC.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Posteriormente ditouse o seguinte auto aclaratorio da sentenza:

Auto

Xuíza/maxistrada xuíza: María Ángeles González de los Santos.

En Pontevedra o trece de abril de dous mil doce.

Parte dispositiva

Acordo estimar a petición formulada pola parte demandante de aclarar sentenza do 28.3.2012, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

No ditame da sentenza onde di: «Javier» debe dicir: «José».

Ao non coñecer o enderezo de Julia Pereira Barral, dítase este edicto para que sirva de cédula de notificación da sentenza e do posterior auto aclaratorio.

Pontevedra, 17 de abril de 2012

A secretaria xudicial