Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25609

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (25/2012-L).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal por instancia de Generali España, S.A. e R Cable Telecomunicaciones de Galicia, S.A., representadas polo procurador José Manuel del Río Sánchez, contra Manuel Rifón Varela (rebelde) e Seguros Allianz, S.A., representado polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri, en cuxos autos se ditou sentenza co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña o vinte e cinco de maio de dous mil doce.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 25/2012-L, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante a entidade Generali España, S.A. e a entidade R Cable Telecomunicaciones de Galicia, S.A., representadas polo procurador José Manuel del Río Sánchez e coa asistencia letrada de José Carlos Muíño Míguez, e parte demandada Manuel Rifón Varela, en situación procesual de rebeldía, e a entidade Allianz, S.A., representada polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri e coa asistencia letrada de Ramón Lema Alvarellos.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta pola entidade Generali España, S.A. e a entidade R Cable Telecomunicaciones de Galicia, S.A., representadas polo procurador José Manuel del Río Sánchez, contra Manuel Rifón Varela, en situación procesual de rebeldía, e estimando parcialmente a demanda, interposta pola entidade Generali España, S.A. e a entidade R Cable Telecomunicaciones de Galicia, S.A., contra a entidade Allianz, S.A., debo condenar e condeno a Manuel Rifón Varela a que lles aboe aos demandantes a cantidade de tres mil catrocentos quince euros con cincuenta e uns céntimos (3.415,51), e condeno a entidade Allianz, S.A. ao aboamento solidario da cantidade de mil novecentos quince euros con cincuenta e un céntimos (1.915,51), incrementada cos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data da presente resolución.

En materia de custas, con relación á acción establecida pola demandante contra o Sr. Rifón, corresponde o seu aboamento a este último. Con respecto á exercida contra a entidade Allianz, corresponde a cada parte o aboamento das causadas pola súa instancia, sendo o das comúns por metade.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza poderán interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ao disposto no artigo 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) na reforma introducida pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a LOPX 6/1985, do 1 de xullo, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao anunciarse ou prepararse este, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do importe de 50 euros».

E para que conste e sirva de notificación a Manuel Rifón Varela e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial