Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25607

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (689/2011-F).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Inslobec, S.L. contra Felipe Sánchez Sánchez ditouse sentenza, na cal constan os seguintes particulares, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 689/2011-F, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Inslobec, S.L., representada pola procuradora Susana Prego Vieito e coa asistencia letrada de Beatriz Pan Torreiro, parte demandada Felipe Sánchez Sánchez, declarada rebelde.

Que debo estimar e estimo a demanda formulada pola procuradora Sra. Prego Vieito, en nome e representación de Inslobec, S.L., contra Felipe Sánchez Sánchez, rebelde, e condeno este a lle pagar á demandante a cantidade de mil seiscentos setenta e dous euros, así como os xuros legais desde a data de presentación da demanda (7 de xullo de 2011) ata a data da presente resolución, en que se aplicarán os previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Con imposición das custas procesuais ao demandado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución non cabe ningún recurso ordinario, de acordo co disposto no artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, da que levará testemuño para a súa incorporación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada».

E atopándose o demandado, Felipe Sánchez Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, que será entregado á parte demandante para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, co fin de que se lle notifique en legal forma ao dito demandado, conforme o disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

A Coruña, 10 de abril de 2012

A secretaria xudicial