Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (440/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 440/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Armas Curros contra a empresa Servicios Sanitarios de La Coruña, S.L. sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante José Armas Curros que comparece asistido polo letrado Alfonso Freire Picos, e doutra, como demandado, Servicios Sanitarios de La Coruña, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Que, estimando a demanda formulada por José Armas Curros contra a empresa Servicios Sanitarios de La Coruña, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 497,48 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Sanitarios de La Coruña, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xuño de 2012

O secretario xudicial