Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 43/2012.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo de Monelos; praza Luís Seoane, s/n, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciada

Enderezo

Establecemento

Precepto
infrinxido

Precepto
sancionador

Resolución

AC-EP 43/2012

Adriana Cristina dos Santos

r/ Borrallón, nº 2, baixo

Casa da Miña Nai

26 e) da Lei orgánica 1/1992

28 da Lei orgánica 1/1992

180,00 €