Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (295/2010).

Encarnación Mercedes Tubio Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 295/2010 por instancia de Aurelio Muñoz Palacio contra Rodríguez Souto J. 001010719X, S.L.N.E. sobre cantidade, nos cales recaeu auto de aclaración de sentenza o 5 de xuño de 2012 que copiado nos particulares necesarios di así:

«Auto.

Na Coruña o cinco de xuño de dous mil doce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que o 9.5.2012 este xulgado do social ditou sentenza nos autos de demanda 295/2010.

Segundo. O 1.6.2012 Eva Leis Rolon, letrada, en nome e representación do demandante (Aurelio Muñoz Palacio), presentou escrito en que solicitaba aclaración de sentenza.

Razoamentos xurídicos.

Único. Conforme se establece no art. 267 da Lei orgánica do poder xudicial, as sentenzas e autos definitivos poderán ser aclarados en calquera concepto escuro do seu contido e suplirse neles as omisións que conteñan, o que se poderá facer de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da resolución, ou por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal presentada dentro dos dous días seguintes ao da notificación, caso en que se resolverá dentro do día seguinte ao da presentación do escrito.

Dispoño: examinado o encabezamento, feito probado primeiro, na decisión da sentenza apréciase a necesidade de aclarala no sentido que a seguir se di:

Sentenza.

Na Coruña o 9 de maio de 2012.

«Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 295/2010 en que foron parte, dun lado como demandante Aurelio Muñoz Palacio, asistido pola letrada Sra. Leis Rolon, e, doutra, como demandada a empresa Rodríguez Souto, J. 001010719X, S.L.N.E. que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Feitos probados.

Primeiro: Aurelio Muñoz Palacio prestou servizos para a empresa Rodríguez Souto J. 001010719X, S.L.N.E. desde o 6 de maio de 2008 ata o 7 de outubro de 2009, data en que foi despedido, con categoría de comercial, percibindo un salario de 1.154,69 euros, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias.

Decido:

Que se estima a demanda formulada por Aurelio Muñoz Palacio fronte a Rodríguez Souto J. 001010719X, S.L.N.E. e en consecuencia:

– Condénase a empresa Rodríguez Souto a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil sete euros con corenta e nove céntimos de euro (2.007,49 euros), devindicados os conceptos salariais e o 10% de xuro moratorio anual.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso».

Así, por este auto, o manda e asina o maxistrado Nicolás Emilio Pita Lloveres. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rodríguez Souto, J. 001010719X, S.L.N.E. expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xuño de 2012

A secretaria xudicial