Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1251/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Alfonso Vicente Suárez contra Faymogal, S.L., Itaga, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1251/2009, se acordou notificar a Faymogal, S.L. e Itaga, S.L., en ignorado paradoiro, a resolución da sentenza recaída neste procedemento:

«Que estimando a demanda interposta por Alfonso Vicente Suárez contra as empresas Faymogal, S.L. e Itaga, S.L., condénoas solidariamente a que lle aboen a cantidade de oito mil setecentos cincuenta e un euros e corenta e nove céntimos (8.751,49 euros), incrementada co xuro de mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de citación a Faymogal, S.L. e Itaga, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xuño de 2012

A secretaria xudicial