Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (851/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso despedimento/cesamentos en xeral 851/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Varela Martínez contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., Administración Concursal Técnica Instalaciones Coruña, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Roberto Varela Martínez contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 30 de xuño de 2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de cinco mil novecentos cincuenta e sete euros e oitenta e un céntimos (5.957,81 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a dezasete mil cento dezasete euros e cincuenta céntimos (17.117,50 €).

Así mesmo, condeno a Administración Concursal e o Fondo de Garantía Salarial a se ater a esta declaración, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades nos casos previstos na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Técnica Instalaciones Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xuño de 2012

A secretaria xudicial