Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (883/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 883/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Analía Mariela Pantano Pereyra contra a empresa Inversiones Matritenses Nuevo Siglo, S.L. (Aceitunas Barruz) e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Analía Mariela Pantano Peryra contra a empresa Inversiones Matritenses Nuevo Siglo, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 14.7.2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –s. e. o. o.– de catro mil catrocentos trinta e un euros e setenta e cinco céntimos (4.431,75 €); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de trinta e sete euros e dez céntimos (37,10 €) diarios; debe poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Matritenses Nuevo Siglo, S.L. (Aceitunas Barruz), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 7 de xuño de 2012

A secretaria xudicial