Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1232/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Manuel Domingo Pose López contra Dosan XXI, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1223/2009, acordouse notificar a Dosan XXI, S.L., en paradoiro ignorado, a resolución da sentenza ditada neste procedemento:

«Decido que, aceptando a demanda interposta por Manuel Domingo Pose López contra a empresa Dosan XXI, S.L., condeno esta a que lle aboe a cantidade de tres mil oitocentos corenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (3.843,88 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; tamén deberá acreditar a consignación na indicada conta, da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Dosan XXI, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial