Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (943/2011).

Rafael González Alio, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 943/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Gegunde Álvarez, Rosario Rodríguez Magadán e Chirleis Sousa da Rocha contra Fonte Sacra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que estimando a demanda interposta por María Isabel Gegunde Álvarez, Rosario Rodríguez Magadán e Chirleis Sousa da Rocha, contra a empresa Fonte Sacra, S.L, debo declarar e declaro improcedente o despedimento das demandantes con efectos do 11 de outubro de 2011, e condeno a empresa demandada Fonte Sacra, S.L, a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir as demandantes no seu posto de traballo ou indemnizalas pola extinción da relación laboral coa cantidade de 6.303,76 a María Isabel Gegunde Álvarez euros, a cantidade de 5.542 euros a Rosario Rodríguez Magadán e a cantidade de 3.324,75 a Chirleis Sousa da Rocha e, en todo caso, a aboarlles ás traballadoras os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de 33,62 euros diarios a María Isabel Gegunde Álvarez, 30,16 a Rosario Rodríguez Magadán e 28,6 euros a Chirleis Sousa da Rocha, e deberá poñer en coñecemento do Xulgado, no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Absólvese o Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lles puider alcanzar nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Fonte Sacra, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 6 de xuño de 2012

O secretario xudicial