Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25279

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (261/2009).

Procedemento ordinario 261/2009.

Sobre: outras materias.

De: Consorcio de Compensación de Seguros.

Contra: Fernando Pereira Porto, Pokerinvers, S.A.

Patricia Raposo Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fai saber que en virtude do acordado en resolución do día da data ditada no procedemento ordinario 261/2009 que se segue neste xulgado por instancia de Consorcio de Compensación Seguros, representado por procurador, contra Fernando Pereira Porto, Pokerinvers, S.A., e como consecuencia do ignorado paradoiro destes, se acordou a notificación vía edictos da sentenza de data 22.12.2011, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza 217/2011.

Pontevedra, 22 de decembro de 2011.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 261/2009 seguidos por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros, asistido da letrada do Estado Sra. Gómez Andrés contra Fernando Pereira Porto e Pokerinvers, S.A., ambos os dous en situación legal de rebeldía procesual, versando o xuízo sobre reclamación por repetición do importe aboado por danos derivados de accidente de circulación.

Decisión.

Que admito a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Fernando Pereira Porto e Pokerinvers, S.A.; e condeno a Fernando Pereira Porto e Pokerinvers, S.A. a que aboen solidariamente á entidade demandante a cantidade de 3.906,86 euros, incrementada cos correspondentes xuros legais, desde a data de presentación da demanda, 11 de marzo de 2007, ata a data desta resolución, e desde esta os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

Impóñense as custas do proceso a Fernando Pereira Porto e Pokerinvers, S.A.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes prevíndolles que contra esta poderán interpor recurso de apelación dentro dos vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme á d.a. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3590.0000.05, indicando no campo “concepto”, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución contra a que se recorre co formato DD/MM/AAAA.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, a pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a ditou, tras estar celebrando audiencia pública no mesmo día hábil da súa data. Dou fe».

A secretaria xudicial