Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25277

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (583/2011).

Procedemento: recurso de apelación (LACN) 583/2011.

Sobre: materias non especificadas.

De: AXA.

Procuradora: Montserrat Fernández Nazar.

Contra: Consorcio de Compensación de Seguros, Vicente Nemesio Núñez Losada, Marta Simón Lago.

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que no rolo civil número 583/2011, dimanante do procedemento ordinario 1329/2008, procedente do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Pontevedra, seguido por instancia de AXA Seguros fronte ao Consorcio de Compensación de Seguros, Vicente Nemesio Núñez Losada e Marta Simón Lago, se ditou sentenza con data 22.12.2011, cuxo teor literal é o seguinte:

«Rolo: recurso de apelación (LACN) 583/2011.

Asunto: ordinario 1329/2008.

Procedencia: Primeira Instancia número 4 de Pontevedra.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Ditou en nome do Rei a seguinte:

Sentenza número 655.

Pontevedra, vinte e dous de decembro de dous mil once.

Visto en grao de apelación ante esta Sección 1 da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 1329/2008, procedentes do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Pontevedra, aos cales correspondeu o rolo número 583/2011, nos cales aparece como parte apelante-demandado: AXA Seguros, S.A., representado pola procuradora Monserrat Fernández Nazar, e asistido pola letrada María Lariño Noia, e como parte apelado-demandado: Consorcio de Compensación de Seguros, representado polo letrado do Estado, Vicente Nemesio Núñez Losada, Marta Simón Lago, que non compareceron nesta alzada, sobre reclamación de cantidade, e sendo relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que desestimamos o recurso de apelación deducido pola representación procesual de AXA Seguros Generales contra a sentenza ditada en autos de xuízo ordinario rexistrados baixo o número 1329/2008 do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Pontevedra, resolución que confirmamos na súa integridade, con imposición ao apelante das custas percibidas nesta alzada.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Vicente Nemesio Núñez Losada e Marta Simón Lago, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2012

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial