Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25281

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (603/2011)

No presente procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de Bruno Cortizo Lima fronte a Larissa Cruz de Jesús Trindade ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión di:

«Sentenza nº 508/2011.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2011.

Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de divorcio nº 603/2011 promovido pola procuradora Sra. Losada Gómez en nome e representación de Bruno Cortizo Lima asistido do letrado Sr. Piñeiro Calvo fronte a Larissa Cruz de Jesús Trindade, maior de idade citada en autos declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decido que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Losada Gómez en nome e representación de Bruno Cortizo Lima asistido do letrado Sr. Piñeiro Calvo fronte a Larissa Cruz de Jesús Trinidade maior de idade citada en autos e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio e en consecuencia procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 25.9.2009 en Santiago de Compostela inscrito no tomo 104, páxina 341 do Rexistro Civil desa cidade por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 457 e seguintes e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignar o depósito de 50 € previsto na disposición adicional 15º da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E encontrándose a dita demandada, Larissa Cruz de Jesús Trindade, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012

O/a secretario/a xudicial