Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25283

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (1035/2009).

Rosario Cantalejo García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, por medio do presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 1035/2009 seguido por instancia de mercantil Náuticas Corpe fronte a Avenue Illustrated, S.L. e Emilio Calviño Iglesias ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 14 de xullo de 2011.

Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, vistos os autos correspondentes ao xuízo ordinario de reclamación de cantidade rexistrado co número arriba indicado, promovidos pola procuradora dos tribunais Paula Llorden Fernández Cervera, en nome e representación de Náuticas Corpe, S.L., asistida do letrado Javier Puente, contra Avenue Illustrated, S.L. e Emilio Calviño Iglesias, ambos en situación de rebeldía procesual, dita a presente sentenza de acordo cos seguintes

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que, estimando parcialmente as pretensións da parte demandante, se ten por resolto o contrato de arrendamento do 1 de xaneiro de 2008 desde o día 19 de febreiro de 2009, polo que debo condenar e condeno a Avenue Illustrated, S.L. a aboarlle á entidade demandante Náuticas Corpe, S.L. as seguintes cantidades: 27.066,68 euros por mensualidades de renda debidas, 15.122,47 euros polos gastos habidos por danos causados na embarcación e 35.000,04 euros en concepto de cláusula penal pactada; máis o xuro correspondente de conformidade co fundamento sexto da presente sentenza; sen facer expresa condena en custas.

Desestímase a demanda respecto de Emilio Calviño Iglesias, polo que se impoñen as custas respecto a este demandado á parte demandante.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 desta localidade e o seu partido xudicial».

Foi dada, lida e publicada no día da súa data e para que sirva de notificación a Avenue Illustrated, S.L., expido e asino este edicto.

Vigo, 16 de maio de 2012

A secretaria xudicial