Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (472/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 472/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Varela Lavandeira contra a empresa José Eduardo Mella Rodríguez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretario xudicial Juan Rey Pita.

A Coruña, 22 de febreiro de 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Óscar Varela Lavandeira presentou demanda de fronte á empresa José Eduardo Mella Rodríguez.

Segundo. A demanda foi adxudicada en quenda a este Xulgado do Social número 3.

Fundamentos de dereito.

Único. Examinados os requisitos formais desta demanda procede a súa admisión e de conformidade co disposto no artigo 82 LPL pido ao Sr. secretario xudicial encargado da axenda programada día e hora para realizar o acto de xuízo, quen facilita o próximo día 21.5.2012 ás 12.15 para que teña lugar, sempre que as partes non cheguen a unha avinza no acto de conciliación que terá lugar ante o/a secretario/a xudicial.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Sinalar para o próximo día 21.5.2012 ás 12.10 h a realización do acto de conciliación ante o secretario xudicial, e o día 21.5.2012 ás 12.15 h para a realización, se é o caso, do acto de xuízo.

– Citar as partes en legal forma coa advertencia de que, de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, poderá o/a secretario/a xudicial no primeiro caso e o/a maxistrado/a xuíz/a no segundo ter o demandante por desistido da súa demanda; e se se tratase do demandado non impedirá a realización dos actos de conciliación e xuízo, estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Cítese o representante legal da empresa para o interrogatorio baixo apercibimento de que de non comparecer poderá ser tido por confeso.

– Requírase o demandado para que achegue ao acto de xuízo a documental interesada pola parte demandante no segundo outrosí do escrito da demanda.

Sen que iso signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propola e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LPL.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á SSª da sinalización efectuada polo/a secretario/a xudicial encargado/a da axenda programada de sinalizacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

O secretario xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2012