Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 225/2010 por instancia de Juan Luis Domínguez Criado contra a empresa Núñez Pose, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 15.5.2010, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decido que se estima parcialmente a demanda interposta por Juan Luis Domínguez Criado fronte a Núñez Pose, S.L. e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Núñez Pose, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil cinco euros con setenta e cinco céntimos de euro (3.005,75 euros).
– Absólvese a empresa Núñez Pose, S.L. da pretensión relativa á imposición dunha multa de 600 euros.
Notifíqueselles a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Núñez Pose, S.L., expido e asino a presente edicto.
A Coruña, 16 de maio de 2012
A secretaria xudicial