Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (113/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 113/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consuelo Vilas Rodríguez contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., administración concursal, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución con data do 21.5.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido: non acceder á petición de complemento da sentenza interesada.

Así o dispón, manda e asina Paula Yebra-Pimentel Vilar, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E/.

E para que sirva de notificación en legal forma a Peletería Pepe Nieto, S.L., María del Carmen Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

A secretaria xudicial