María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Miguel González Catrufo contra Rebigal, S.L., e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1241/2009, se acordou notificar a Rebigal, S.L., en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:
«Xulgado do Social número 2 da Coruña.
Sentenza 406/2012.
Autos número 1241/2009.
Na cidade da Coruña, 29 de maio de 2012
Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Miguel González Catrufo, que comparece representado pola letrada Sra. Lores Domínguez, contra a empresa Rebigal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:
Decido que, estimando a demanda interposta por Miguel González Catrufo contra a empresa Rebigal, S.L., a condeno a que lle aboe a cantidade de dous mil seiscentos dous euros e cincuenta e un céntimos (2.602,51 euros), incrementada co xuro por mora do 10%.
Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Rebigal, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 4 de xuño de 2012
Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial