Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24727

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1245/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por dilixencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de César Cano Morán contra Montrove Diversión, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1245/2009, se acordou notificar a Montrove Diversión, S.L., en ignorado paradoiro, sendo o seu encabezamento e decisión o seguinte:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 396/2012.

Autos número: 1245/2009.

Na cidade da Coruña, 29 de maio de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de César Cano Morán, que comparece representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Montrove Diversión, S.L.U. e o Fondo de Garantia Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Decido que estimando a demanda interposta por César Cano Morán contra a empresa Montrove Diversión, S.L.U., condénoa a que lle aboe a cantidade de mil trescentos cincuenta e oito euros e oitenta céntimos (1.358,80 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 2, sito na r/ Monforte, s/n, edificio Xulgados, e deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de notificación.

E para que sirva de notificación a Montrove Diversón, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial