José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:
Neste presente procedemento de garda, custodia e alimentos número 1358/2011 seguido por instancia de Óscar Míguez Carollo fronte a Noelia López Roa ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:
«Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Óscar Míguez Carollo, asistido da letrada Sra. Magariños Cobas fronte a Noelia López Roa, maior de idade, citada en autos, declarada en rebeldía procesual con intervención do Ministerio Fiscal, en representación dunha filla menor de idade habida en común, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:
A. Titularidade e exercicio da patria potestade: atribuído a ambos os dous proxenitores.
B. Garda e custodia da filla menor: atribuída ao demandante.
C. Suspensión de todo réxime de estadías e comunicación da demandada coa filla común, sen prexuízo dunha futura modificación de medidas definitivas de acreditarse a ausencia de todo risco ou prexuízo para a filla común menor de idade.
D. Atribución do uso e desfrute da vivenda familiar: non procede efectuar ninguna atribución.
E. Pensión alimenticia para a filla menor: a nai entregará ao pai mensualmente a cantidade de 150 €, por anticipado e dentro dos primeiros cinco días de cada mes, na conta corrente da entidade bancaria que para tal efecto se designe. Esta cantidade actualizarase anualmente segundo o IPC elaborado polo INE ou organismo que o substitúa.
Os gastos extraordinarios serán aboados por ambos os dous proxenitores por metade.
Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.
Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e ss. e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na d.a. 15º da LOPX.
Así, por ser esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.
Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».
E encontrándose a dita demandada, Noelia López Roa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012
O secretario xudicial