Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24723

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (827/2010).

Procedemento: divorcio contencioso 827/2010.

Sobre: outras materias.

De: María Lourdes de Sousa Cunha.

Procuradora: María Elena Arcos Romero.

Letrada: Mariana Fernández Caamaño.

Contra: Ayeni John Amorogbe.

No procedemento de referencia ditouse sentenza de data 14 de febreiro de 2011 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Arcos Romeu, en nome e representación de María Lourdes de Sousa Cunha, asistida da letrada Sra. Fernández Caamaño, fronte a Ayeni John Omorogbe, maior de idade, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 14.7.2006 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 98, páxina 235 do Rexistro Civil de Santiago de Compostela por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, e a consecuente disolución do réxime de sociedade de gananciais.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamiento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente LAC para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 457 e seguintes e 776 da LAC) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na d.a. 15 da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Soa, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradero de Ayeni John Omorogbe, se extiende la presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012

O/a secretario/a xudicial