Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24721

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (207/2011).

Procedemento: xuízo verbal 207/2011.

Sobre: outros verbal.

De: Financiera El Corte Inglés, EFC, S.A.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes.

Contra: Claudio García Luces.

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Santiago de Compostela,

Fago saber:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011

Demandante: Financeira El Corte Inglés, EFC, S.A.

Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes.

Letrado: José Luis Martínez-Olivares.

Demandado: Claudio García Luces (en rebeldía).

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés, EFC, S.A. contra Claudio García Luces e, en consecuencia, condeno o demandado a pagarlle á entidade demandante 2.176,62 euros, en concepto de principal, máis 205,44 euros de xuros de demora vencidos no momento de interposición da demanda, máis os xuros de demora pactados no contrato que se perciba con posterioridade ata o completo pagamento da débeda, con imposición de custas ao demandado.

Notifíqueselles ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá prepararse ante este xulgado no prazo de 5 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do dito recurso, deberá acreditarse, no momento de prepararse este, a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante o presente notifícase a sentenza a Claudio García Luces.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012

O secretario xudicial