Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24719

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (3/2012).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que na peza de apelación que se cita recaeu sentenza con data do 20 de abril de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Peza: 3/2012.

Procedemento de orixe: xuízo divorcio contencioso 556/2009.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión.

Deliberación do día 17 de abril de 2012.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, no nome do Rei, a seguinte sentenza número 194/2012.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo e María del Carmen Martelo Pérez.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

No recurso de apelación civil número 3/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión, en xuízo de divorcio contencioso, sobre divorcio, seguido entre partes, como apelante María Carmen Escalinilla Montero, representada pola procuradora Sra. Ramón Campos e, como apelado, o Ministerio fiscal. Foi relatora María del Carmen Martelo Pérez.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvo que, con estimación parcial do recurso de apelación interposto pola representación de María del Carmen Escalinilla Montero contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión con data do 1 de xuño de 2011, debemos revogar e revogamos parcialmente esa resolución –medida 4ª– no único sentido de fixar en setenta e cinco euros mensuais (75 euros) a contía da pensión alimenticia que Jesús Ortiz Cantero debe satisfacer mensualmente en concepto de contribución ao sostemento do seu fillo menor. Así mesmo, rectifícase o erro padecido na sentenza de instancia en canto que lle atribúe a María del Carmen Escalinilla Montero o uso da vivenda conxugal –medida 3ª–, que se deixa sen efecto. Mantéñense os demais pronunciamentos da sentenza apelada, todo iso sen facer especial imposición das custas de alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Jesús Ortiz Cantero, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

A secretaria