Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24717

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (613/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 613/2012, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra contra José Ramón Vilar Pulleiro e outros, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola Avogacía do Estado contra a sentenza do 23 de agosto de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, no procedemento 1047/2011, en demanda de oficio, por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a empresa José Ramón Vilar Pulleiro e fronte a Leiva Lourdes, Nancy Alfonso Aguilera, Adriana Paula da Silva, Silvina Martínez Sanabria, Vilma Meza Araújo, Estela Meza Taboada, Adriana Avelino Dantas, Aurora Araceli Ojeda Fernández, Amelia Araújo Quelar e Isidora Ojeda Fernández, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Leiva Lourdes, Nancy Alfonso Aguilera, Adriana Paula da Silva, Silvina Martínez Sanabria, Vilma Meza Araújo, Estela Meza Taboada, Adriana Avelino Dantas, Aurora Araceli Ojeda Fernández e Amelia Araújo Quelar, con último domicilio coñecido en Lalín, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2012

O secretario xudicial