Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (150/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 851/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Tarrío Rodríguez contra a empresa Instituto de Emprego Servizo Público de Emprego Estatal sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Auto: 273/2012.

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Nº de autos: demanda 150/2010 F.

Materia: ordinario.

Demandantes: Luis Martínez Carmona, Margarita María Salinas Rodríguez, Eva María Alvedro Boedo, Natalia Pampín Couselo, Victoria Viñas Vázquez, Graciela Corral Vázquez, María José Gonella Beares.

Demandados: Serlinter, S.A., Fogasa.

Auto.

A Coruña, trinta e un de maio de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. Con data 12.2.2010 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda presentada por Luis Martínez Carmona e outros fronte á empresa Serlinter, S.A. e Fogasa, sendo citadas as partes para os actos de conciliación e xuízo, o día 18.7.2012 ás 10.05 da mañá.

Segundo. A parte demandante presentou escrito onde nos indica a desistencia da demanda reitora e interesando o arquivo das actuacións.

Razoamentos xurídicos.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso iniciado por el e sen solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Parte dispositiva.

Tense por desistido a Luis Martínez Carmona, Margarita María Salinas Rodríguez, Eva María Alvedro Boedo, Natalia Pampín Couselo, Victoria Viñas Vázquez, Graciela Corral Vázquez, María José Gonella Beares da súa demanda, e unha vez firme esta resolución arquívese.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, por este auto, mándoo e asino, a maxistrada Lara María Munín Sánchez. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Serlinter, S.A., expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de maio de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial