Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1265/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento nº 1265/2009, deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta María Villar Martínez, contra a empresa Azafatas Catwalk e Fogasa sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte sentenza de data 15.5.2012, cuxa parte dispositiva di:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Marta María Villar Martínez contra a mercantil Azafatas Catwalk e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Azafatas Catwalk a aboar á demandante a cantidade de 225,00 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Azafatas Catwalk, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

A secretaria xudicial