Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1513/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1513/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez Figueiras contra a empresa Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Servinoia, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte sentenza de data 24.5.2012, cuxa parte dispositiva di:

«Que estimo integramente a demanda interposta por José Pérez Figueiras contra Servinoia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro a extinción da relación laboral, e condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a cantidade de 12.407,58 euros en concepto de salarios ata a data do despedimento, 20.375,55 euros en concepto de indemnización por despedimento e 18.239,55 euros en concepto de salarios de tramitación percibidos desde o despedimento ata a presente resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado, o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito, sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma a Servinoia, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial