Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (875/2011).

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 875/2011 F.

Demandante: José Ignacio Torreiro Geremías.

Demandados: Lux Cor, S.L., Fogasa.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 875/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Torreiro Geremías contra a empresa Lux Cor, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 391/2012.

Autos: 875/2011.

A Coruña, 24 de maio de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de José Ignacio Torreiro Geremías, que comparece representado polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Lux Cor, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte decisión, que estimando a demanda interposta por José Ignacio Torreiro Geremías contra a empresa Lux Cor, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31.7.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de vinte mil trescentos vinte e catro euros e dezaoito céntimos (20.324,18 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a quince mil cento oitenta e cinco euros e sesenta e un céntimos (15.185,61 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Lux-Cor, S.L., expídese a presente que será publicada no Diario Oficial de Galicia para todos os efectos.

A Coruña, 31 de maio de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial