Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1227/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José Antonio Fandiño Rama e Óscar Fandiño Rama contra Galiasistencia, S.L., e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1227/2009 ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame di:

«Autos número 1227/2009.

Na cidade da Coruña o 25 de maio de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de José Antonio Fandiño Rama e Óscar Fandillo Rama, que comparecen representados pola letrada Sra. González Valcarce, contra a empresa Galiasistencia, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Antonio Fandiño Rama e Óscar Fandillo Rama contra a empresa Galiasistencia, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de seis mil trinta e dous euros e trinta céntimos (6.032,30 €) a José Antonio e cinco mil trescentos catorce euros (5.314 €) a Óscar, incrementada co xuro por demora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta, da suma de 300 euros preceptiva para impugnar; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial