Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

AUTOS (206/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 206/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Prado Alvaredo contra a empresa María Manuela García Fraga sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña o vinte e cinco de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Mercedes Prado Alvaredo, que comparece asistida polo letrado Pedro Trashorras López e doutra como demandada a empresa María Manuela García Fraga, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Mercedes Prado Alvaredo fronte á empresa María Manuela García Fraga e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con extinción da relación laboral en data da presente sentenza coa indemnización que se fixa no número seguinte. Todo isto con condena á citada empresa ao seu aboamento.

2. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é de 5.475,14 euros (cinco mil catrocentos setenta e cinco con catorce céntimos de euro). Todo isto sen devindicación de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 36 0206 12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0206 12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día de hoxe do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa María Manuela García Fraga, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de maio de 2012

O secretario xudicial