Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24101

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (301/2011).

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que no xuízo ordinario seguido neste xulgado por instancia de Novacaixagalicia se ditou a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Vistos por min, María del Mar País Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario número 301/2011, seguidos por instancia de Novacaixagalicia, representada polo procurador Sr. Señoráns Arca e asistida da letrada Sra. Barros Martínez contra David Fernández Lorenzo, Rodolfo Fernández Pereira e María del Carmen Lorenzo Fernández (declarados en situación de rebeldía procesual), dito a seguinte sentenza sobre a base dos seguintes (seguen antecedentes e fundamentos de dereito):

Que estimando integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Señoráns Arca, en nome e representación de Novacaixagalicia fronte a David Fernández Lorenzo, a Rodolfo Fernández Pereira e a María del Carmen Lorenzo Fernández (en situación procesual de rebeldía), condeno os demandados a aboarlle á demandante a cantidade de 12.869,71 euros (doce mil oitocentos sesenta e nove euros con setenta e un céntimos), cos xuros pactados que se percibisen desde a data de peche da conta ata completo pagamento e ao aboamento das custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

A admisión do dito recurso exixirá que no momento de interpolo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado (n.º 3607 0000 01 0301 11), o que deberá ser acreditado fidedignamente, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a David Fernández Lorenzo, Rodolfo Fernández Pereira e María del Carmen Lorenzo Fernández, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

O Porriño, 27 de abril de 2012

A secretaria xudicial